Friday 13 de September de 2024

O Consorcio Provincial da Coruña aproba unha modificación de crédito cun importe superior a oito millóns de euros para a mellora de materiais e equipo


• A inversión suporá a renovación de instalacións, mobiliario e equipamento nos parques provinciais comarcais, mellorando e renovando tamén vehículos da flota de salvamento.

• Entre as intervencións xa licitadas e a presente modificación de crédito o investimento total será ao redor dos 9.500.000 euros.

O Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña aprobou en sesión plenaria unha modificación orzamentario por un importe de 8.246.877,37 euros, con cargo ao remanente líquido de tesourería para gastos xerais, para a adquisición e mellora de materiais e equipos.
Entre os investimentos que se levarán a cabo, froito desta modificación , destaca a renovación completa do vestiario de parque, por un importe de 1.464.841,73 euros. Ademais, tamén se licitou por un importe de 847.000 euros, independente do importe da modificación, para traxes de intervención.
Tamén se levará a cabo unha renovación na flota de vehículos, adquiríndose catro vehículos de 1ª saída BUP, por un importe de 2.155.000 euros e tres vehículos F.S.V.
Renovarase tamén os conxuntos de excarceración, rescate e apuntalamento cun investimento de 1.039.888,80 euros . Do mesmo xeito, adaptaranse as instalacións dos parques e da sede ás condicións de seguridade definidas para a prevención de riscos laborais por un importe de 147.000 e 3.000 euros, respectivamente.
Nos parques provinciais comarcais executaranse renovacións en mobiliario, louza, lencería, material de ximnasios así como nos equipos informáticos e tamén se adquirirá material para o seu emprego nos operativos.
Dentro destas intervencións, renovarase o equipamento do novo edificio do parque de Arteixo, pendente de execución, investindo 60.000 euros; a plataforma exterior do parque de Betanzos, cun custo de 100.000 euros; cambiarase a cuberta do parque de Carballo por un importe próximo aos 70.000 euros mentres que nos parques de Arzúa e As Pontes adquiriranse cadansúa autoescala por un prezo de 165.000 euros cada unha.
Todos os importes sinalados son de licitación, polo que entre as actuacións que xa están licitadas, sumado á modificación de crédito, o investimento total situarase ao redor dos 9.500.000 euros.